Todo o que tes que saber sobre a segunda opinión médica

Trátase dun informe que só se pode solicitar unha vez en cada proceso asistencial, excluíndo recidivas tumorais e proposta de tratamento de nova aparición. A finalidade é un primeiro diagnóstico ou indicación terapéutica para facilitar toda a información posible á persoa paciente.

Requisitos: pódese solicitar cando existe un primeiro diagnóstico completo e/ou proposta terapéutica emitida por un profesional médico do SERGAS. Os posibles diagnósticos beneficiarios son:

– Enfermidades neoplásicas malignas.

– Enfermidades neurolóxicas inflamatorias e dexenerativas invalidantes.

– Confirmación de diagnósticos de enfermidades raras.

– Recidiva tumoral maligna ou proposta de tratamento de nova aparición.

Documentación necesaria:

– Solicitude (SA205A).

– Informe médico que certifique o diagnóstico ou proposta terapéutica se non consta na historia clínica.

O prazo de solicitude está aberto todo o ano.

Como solicitar: por sede electrónica ou no servizo de admisión do hospital de referencia.

Se a resolución é favorable, a emisión da segunda opinión ten que realizarse nos 15 días seguintes á comunicación. O silencio administrativo enténdese como favorable, é dicir, concédese o dereito a obter segunda opinión médica.

A persoa solicitante ten un mes para presentar un recurso de alzada no caso de que o considere oportuno.

Para solicita o novo facultativo hai 2 vías:

  1. Escólleo a persoa paciente na solicitude.
  2. Escólleo a xerencia da Área Sanitaria da que forma parte o centro hospitalario de referencia do paciente, atendendo a criterios de especialidade e dispoñibilidade

No caso de que este facultativo no teña dispoñibilidade, hai 3 opcións:

  1. Esperar a que teña dispoñibilidade.
  2. Aceptar a proposta da xerencia.
  3. Propoñer un novo profesional.

Solicitando a segunda opinión médica non resulta obrigatorio cambiar de facultativo.

Despois do trámite, continúase co profesional inicial. Esta solicitude non modifica automaticamente o plan terapéutico e é a persoa paciente quen decide se quere continuar o criterio inicia ou solicitar cambios.

¿Quizás pueda interesarte?

¡Mil gracias!

¡Mil gracias!

Pocas cosas resultan más gratificantes que saber que, con nuestros programas y servicios,...

leer más