Trátase dun informe que só se pode solicitar unha vez en cada proceso asistencial, excluíndo recidivas tumorais e proposta de tratamento de nova aparición. A finalidade é un primeiro diagnóstico ou indicación terapéutica para facilitar toda a información posible á persoa paciente.
Requisitos: pódese solicitar cando existe un primeiro diagnóstico completo e/ou proposta terapéutica emitida por un profesional médico do SERGAS. Os posibles diagnósticos beneficiarios son:
– Enfermidades neoplásicas malignas.
– Enfermidades neurolóxicas inflamatorias e dexenerativas invalidantes.
– Confirmación de diagnósticos de enfermidades raras.
– Recidiva tumoral maligna ou proposta de tratamento de nova aparición.
Documentación necesaria:
– Solicitude (SA205A).
– Informe médico que certifique o diagnóstico ou proposta terapéutica se non consta na historia clínica.
O prazo de solicitude está aberto todo o ano.
Como solicitar: por sede electrónica ou no servizo de admisión do hospital de referencia.
Se a resolución é favorable, a emisión da segunda opinión ten que realizarse nos 15 días seguintes á comunicación. O silencio administrativo enténdese como favorable, é dicir, concédese o dereito a obter segunda opinión médica.
A persoa solicitante ten un mes para presentar un recurso de alzada no caso de que o considere oportuno.
Para solicita o novo facultativo hai 2 vías:
- Escólleo a persoa paciente na solicitude.
- Escólleo a xerencia da Área Sanitaria da que forma parte o centro hospitalario de referencia do paciente, atendendo a criterios de especialidade e dispoñibilidade
No caso de que este facultativo no teña dispoñibilidade, hai 3 opcións:
- Esperar a que teña dispoñibilidade.
- Aceptar a proposta da xerencia.
- Propoñer un novo profesional.
Solicitando a segunda opinión médica non resulta obrigatorio cambiar de facultativo.
Despois do trámite, continúase co profesional inicial. Esta solicitude non modifica automaticamente o plan terapéutico e é a persoa paciente quen decide se quere continuar o criterio inicia ou solicitar cambios.











