As aportacións da X Solidaria permitiron impulsar nas últimas semanas o proxecto de mellora da infraestrutura do servizo de atención aos pacientes de Asotrame en Ferrol. A nosa asociación beneficiouse dunha subvención, a través de COGAMI, concedida pola Consellería de Política Social, con cargo á asignación tributaria do IRPF para programas de interese xeral para fins de carácter social.
A entidade dispuxo dunha axuda por importe de 5.032 euros, que destinou a renovar os equipos informáticos e parte do mobiliario da súa sede central na cidade naval. Cómpre lembrar que estas dependencias, ademais de centralizar os servizos administrativos, de educación social, e de coordinación, conta cun espazo presencial de atención psicosocial.
Máis comodidade
Así, a mellora contribuíu a optimizar as condicións de traballo do persoal, e aumentar a comodidade das instalacións, que visitan decote pacientes e expacientes de cancro hematolóxico, con problemas de discapacidade orgánica.
A subvención, concedida pola Xunta de Galicia, enmárcase na Liña IV da convocatoria, dirixida a activar proxectos de investimentos e adecuación dos centros de atención de maiores e de persoas con discapacidade.











