Asotrame ofrecerá en Vigo unha nova charla do proxecto “Coidar-me!”, destinado a fomentar entre a cidadanía a alimentación consciente e o autocoidado emocional. A iniciativa divulgativa, froito da colaboración don Saúdesport, chegará este venres no local da Asociación de veciños Cristo da Victoria, en Coia.
Laura Bueno, educadora social de Asociación galega de persoas con enfermidades oncohematolóxicas (Asotrame), e Raquel Lucio, nutricionista do citado centro de alto rendemento para a saúde, poñeranse á fronte da sesión informativa, aberta ao conxunto da veciñanza e totalmente gratuíta.
O encontro, programado para as 17:00 horas, persegue favorecer hábitos de alimentación saudables, mellorar a relación da xente que asista coa comida, e propiciar o seu autocoidado emocional como piares dun benestar integral.
Na charla da AVV Cristo da Victoria, falarase sobre os tipos de fame que existen, de como facer fronte á “fame emocional” e do modo en que alimentación pode axudar a regular a principal hormona do estrés. Ademais, no plano emocional, abordaranse estratexias prácticas para a xestión do estrés e da ansiedade.
“Coidar-me!”, a aposta de Asotrame por promover a saúde comunitaria e mellorar a calidade de vida da veciñanza, contou con nos últimos meses con sesións informativas nos centros municipais do Casco Vello, Raposeira, e Bouzas, así como no local da AVV San Miguel de Oia.











