A Deputación de Pontevedra confirma unha achega para o piso de estancia temporal de pacientes en Vigo

Asotrame consegue o apoio da Deputación de Pontevedra para o programa Como en casa. A entidade provincial colaborará este ano no sostemento da vivenda gratuíta de estancia temporal que a asociación pon en Vigo a disposición de pacientes de cancro desprazadas ou dos seus coidadores/as, co obxectivo de paliar o impacto económico que ten a enfermidade nas familias.

Dende o pasado mes de marzo, a Asociación galega de persoas con enfermidades oncohematolóxicas conta cun apartamento na zona de Samil para pacientes oncolóxicos chegados doutros puntos de Galicia para recibir tratamento ambulatorio no Hospital Álvaro Cunqueiro ou, no caso de que sexan ingresados, para os seus acompañantes.

Trátase dun servizo totalmente de balde polo que a asociación corre cos gastos do aluguer e mais tamén cos derivados dos servizos básicos (electricidade, auga, comunidade…) Ademais, compleméntase coa oferta ás persoas usuarias apoio psicolóxico e orientación en materia de recursos sociais por parte persoal técnico (psicóloga, traballadora e educadoras sociais), brindándolles así soporte emocional nun momento de especial vulnerabilidade.

Por tanto, o programa require esforzo económico importante que, grazas ao respaldo da Deputación de Pontevedra, será un pouco más sinxelo de asumir. Non en van, a institución vén de concederlle a Asotrame, no marco da súas subvencións de dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social en 2026, unha axuda de 5.391 euros.

O apoio económico da Deputación permitirá manter aberto o piso, situado a só 10 minutos do CHUVI, facilitando ás consultas aos pacientes e o acompañamento por parte de familiares.

¿Quizás pueda interesarte?