Asotrame convida a pacientes e coidadores a participar nunha charla online sobre autocoidados

Asotrame inicia o curso con novas propostas centradas en mellorar a calidade de vida de pacientes de cancro hematolóxico e das súas familias. Así, o próximo martes 8 de setembro a asociación organizará unha charla sobre autocoidados en formato online. Será a partir das 12:00 horas, aberta á participación de todas as persoas interesadas nos contidos a abordar. Iso si, deberán enviar unha mensaxe de whatsapp ao número da asociación: 698 130 684 indicando nome e apelidos e o seu interese por sumarse á iniciativa. Para isto, recibirán o enlace por Teams para conectarse na data e hora indicadas.

Nesta charla centrada no autocoidado emocional prestarase especial atención ao síndrome de bournot -tamén coñecido como síndrome do coidador queimado-, que se dá cando o coidador asume unha carga desproporcionada de tarefas sen relevo familiar, o que lle provoca un profundo agotamento físico, mental e emocional, e que soe ir parello cun illamento social e un intenso sentimento de culpa. Na charla, ofreceranse claves e estratexias para facer fronte a esta situación, incidindo na importancia de poñer límites.

A iniciativa forma parte dun ciclo de ponencias que Asotrame levará a cabo co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e nomeadamente, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

¿Quizás pueda interesarte?