Nova charla de alimentación e autocoidado emocional no centro cívico Casco Vello de Vigo

Asotrame e a Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo organizan o venres, 18 de setembro, unha nova charla do programa Coidar-me!, que busca fomentar a alimentación consciente e o autocoidado emocional entre o conxunto da cidadanía. A iniciativa divulgativa, terá lugar a partir das 17:15 horas, no Centro cívico Casco Vello, “espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá”.

A primeira parte da charla, impartida por Raquel Lucio, nutricionista de Saúdesport, centrarase  na alimentación saudable e consciente, buscando que as persoas que asistan aprendan a mellorar a súa relación coa comida.

Así, por exemplo, se aportarán algunhas claves que poden resultar útiles para facer fronte a esas ganas de comer que xorde como resposta a determinados estados anímicos, é dicir, a denominada “fame emocional”. E explicarase como unha dieta saudable pode axudar a reducirse o nivel de estrés.

A segunda parte do encontro, que chegará da man de Laura Bueno, educadora social de Asotrame, estará precisamente centrada na importancia de prestar atención ás emocións, entendelas e xestionalas de forma axeitada, incidindo en prácticas e rutinas que poden contribuír a acadar un certo equilibrio.

A sesión divulgativa de Coidar-me! no centro cívico Casco Vello (na Rúa Oliva nº12) será totalmente de balde.

¿Quizás pueda interesarte?