Asotrame organiza o 30 de setembro unha charla en liña gratuíta sobre discapacidade

Asotrame organiza o mércores, 30 de setembro, a partir das 19 horas, unha charla en liña sobre discapacidade. Na sesión, explicarase o que se entende por discapacidade e resolvendo as dúbidas que poidan manifestar as persoas que decidan sumarse. A asociación ten aberto o prazo para inscribirse.

Alba García, traballadora social da entidade, será a encargada de impartir esta charla, que partirá da diferenciación entre discapacidade, condición que mide como afectan as secuela e limitacións das patoloxías á vida en xeral, e incapacidade (só no eido laboral).

Abordaranse os diferentes tipos de discapacidade existentes, entre eles, a orgánica, que presentan moitos dos pacientes e expacientes de cancro hematolóxico. Falarase ademais como hai que solicitar o recoñecemento, das posibilidade de revisión e, como non, dos dereitos, beneficios e prestacións aos que se poderá acceder en función da porcentaxe recoñecida.

Inscricións abertas

Esta sesión completará o ciclo impulsado pola da Asociación galega de persoas con enfermidades oncohematolóxicas con apoio da Dirección xeral de persoas con discapacidade, pertencente á Consellería de Política social, está aberta ao conxunto da cidadanía.

Para participar, só haberá que enviar unha mensaxe de Whatsapp ao número da asociación: 698 130 684 indicando nome e apelidos e o seu interese por sumarse á iniciativa. O equipo técnico da entidade enviaralles a ligazón para conectarse por Teams na data e hora indicadas.

¿Quizás pueda interesarte?