Asotrame organiza o vindeiro mércores unha nova charla sobre autocoidado emocional, aberta ao conxunto da cidadanía. Trátase dunha iniciativa en liña na que se abordarán cuestión como a necesidade de fixarse límites e se ofrecerán consellos básicos para mellorar o benestar mental.
A educadora social da entidade, Laura Bueno, será a encargada de poñerse á fronte desta sesión divulgativa. A actividade arrincará ás 17 horas. E nela abordaranse cuestións como a necesidade de aprender a dicir non, unha ferramenta crucial para poñer límites sans.
Ademais, falarase sobre a ansiedade e o estrés como conceptos, así como as consecuencias de padecelos de maneira sostida no tempo. O síndrome do traballador queimado (burnout) e a importancia do autocoidado nas persoas coidadoras completarán os contidos da sesión.
Para participar nesta actividade, incluída no ciclo impulsado co apoio da Dirección xeral de persoas con discapacidade, pertencente á Consellería de Política Social, só haberá que anotarse con anterioridade mandando unha mensaxe de whatsapp ao teléfono 698130684.











