Asotrame organiza o 16 de setembro unha charla en liña sobre incapacidade laboral en pacientes con cancro

charla incapacidade laboral

Asotrame organiza o vindeiro mércores, 16 de setembro, a partir das 12 horas, unha charla en liña na que se falará sobre que pódese facer se a saúde impide traballar con normalidade. Así, explicarase que se entende por incapacidade e os seus tipos, resolvendo as dúbidas que poidan exporse, con especial atención aos pacientes de cancro. A asociación ten aberto o prazo para inscribirse.

A traballadora social de Asotrame, Alba García, poñerase a cargo desta sesión informativa, na que, ademais de deixar claras as diferenzas entre incapacidade e discapacidade, dous conceptos que moita xente confunde, afondará en como as secuelas do cancro hematolóxico ou doutro tipo poden afectar á vida laboral.

Neste sentido, explicará os dereitos que asisten á persoa traballadora con cancro ou outras patoloxías graves, as obrigacións das empresas, os trámites para solicitar a incapacidade, e os tipos ou graos que existen (parcial, total, absoluta e grande invalidez).

A sesión, que forma parte do ciclo impulsado pola asociación con apoio da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pertencente á Consellería de Política Social, está aberta ao conxunto da cidadanía.

Para participar, haberá que enviar unha mensaxe de Whatsapp ao número da asociación: 698 130 684 indicando nome e apelidos e o seu interese por sumarse á iniciativa. O equipo técnico da entidade enviaralles a ligazón para conectarse por Teams na data e hora indicadas.

¿Quizás pueda interesarte?