Noticias
O Servizo Galego de Saúde e Asotrame veñen de asinar un convenio de colaboración para regular e potenciar o desenvolvemento de accións de voluntariado no ámbito da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Dito acto contou coa presencia do xerente da Área Sanitaria, José Flores Arias -en representación do conselleiro de Sanidade e presidente do SERGAS, Antonio Gómez Caamaño- e da presidenta da asociación, Cristina Piñeiro, quen estivo acompañada pola traballadora social e responsable de voluntariado da entidade, Alba García.
A sinatura deste acordo ten coma obxectivo principal facer máis levadía e humana a estancia dos pacientes ingresados por procesos oncohematolóxicos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, así coma ofrecer un respaldo integral ás súas familias durante todo o proceso asistencial.
Programas de apoio
A través deste convenio, que terá unha vixencia inicial de catro anos, Asotrame porá en marcha diversas liñas de actuación desenvolvidas por persoal voluntario previamente formado e por equipos técnicos especializados. Entre as iniciativas integradas destaca o proxecto de Apoio entre iguais, que pon en contacto a persoas con diagnóstico recente con pacientes que xa superaron a enfermidade para compartir vivencias e ofrecer un espazo de escoita empática, tanto durante os ingresos hospitalarios coma fóra do Complexo ou en formato en liña.
Así mesmo, o programa Luces de cores levará obradoiros creativos, de expresión artística e musicais aos andares de Hematoloxía para combater a dureza dos ingresos prolongados e de datas sinaladas, coma o Nadal.
O convenio contempla tamén o desenvolvemento do proxecto Como na casa, que facilita unha vivenda de estadía temporal destinada a acoller de xeito gratuíto a pacientes e familiares que deban desprazarse para o seu tratamento nos hospitais de Vigo, Santiago ou A Coruña, aliviando o impacto económico e emocional do desprazamento.
Esta cobertura compleméntase cos servizos de atención psicosocial e humanización, nos que profesionais de Psicoloxía e Traballo Social ofrecen orientación, asesoramento e apoio emocional para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.
Alianza para avanzar na atención sanitaria
Coa formalización deste protocolo de colaboración onte no Hospital Provincial, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e Asotrame reforzan a súa alianza para avanzar nun modelo de atención sanitaria cada vez máis humano, solidario e próximo ás necesidades reais das persoas con cancro hematolóxico e do seu contorno familiar.
Noticias
Asotrame ofrecerá en Vigo unha nova charla do proxecto “Coidar-me!”, destinado a fomentar entre a cidadanía a alimentación consciente e o autocoidado emocional. A iniciativa divulgativa, froito da colaboración don Saúdesport, chegará este venres no local da Asociación de veciños Cristo da Victoria, en Coia.
Laura Bueno, educadora social de Asociación galega de persoas con enfermidades oncohematolóxicas (Asotrame), e Raquel Lucio, nutricionista do citado centro de alto rendemento para a saúde, poñeranse á fronte da sesión informativa, aberta ao conxunto da veciñanza e totalmente gratuíta.
O encontro, programado para as 17:00 horas, persegue favorecer hábitos de alimentación saudables, mellorar a relación da xente que asista coa comida, e propiciar o seu autocoidado emocional como piares dun benestar integral.
Na charla da AVV Cristo da Victoria, falarase sobre os tipos de fame que existen, de como facer fronte á “fame emocional” e do modo en que alimentación pode axudar a regular a principal hormona do estrés. Ademais, no plano emocional, abordaranse estratexias prácticas para a xestión do estrés e da ansiedade.
“Coidar-me!”, a aposta de Asotrame por promover a saúde comunitaria e mellorar a calidade de vida da veciñanza, contou con nos últimos meses con sesións informativas nos centros municipais do Casco Vello, Raposeira, e Bouzas, así como no local da AVV San Miguel de Oia.
Noticias
El Hospital Universitario de A Coruña acoge hasta el martes 13 de octubre la exposición “La piel como testigo: entre la vida y su herida”. La muestra itinerante de Asotrame, realizada con la colaboración de Sanofi, busca dar a conocer qué es la enfermedad injerto contra receptor (la EICR). Y descubre cuál es su impacto en la vida de las personas trasplantadas de médula ósea de un donante que la padecen.
Con la presencia en el CHUAC, el proyecto divulgativo que, a través de los retratos en blanco y negro realizados por Xosé Durán, y del testimonio de una decena de pacientes y cuidadores ofrece al público una imagen global sobre cómo la EICR, completa su recorrido por las áreas sanitarias de Galicia.
La exposición se inauguraba el 21 de septiembre en el marco de una jornada sobre la EICR. Y pretende dar visibilidad a una patología “socialmente invisible”. Se trata de una complicación postrasplante, que puede afectar a distintos órganos, siendo la piel su expresión más visible. Con todo,también puede comprometer el aparato digestivo, el hígado, los pulmones o los ojos, condicionando el bienestar físico y emocional de las personas afectadas.
En el último año, la exposición recaló en los principales hospitales de Galicia y en ADOS. Además, visitó la sede de la Organización Nacional de Trasplantes (la ONT) y estuvo presente en el congreso europeo sobre trasplantes de médula, impulsado en Madrid por la European society for blood and marrow transplant Association.
Comentarios recientes