O Concello da Coruña subvenciona o piso de estancia temporal na cidade para pacientes oncolóxicos

O Concello da Coruña subvenciona o piso de estancia temporal na cidade para pacientes oncolóxicos

Cinco familias de outros tantos pacientes  oncolóxicos, desprazados para o seu tratamento no CHUAC, beneficiáronse no que vai de ano do piso gratuíto de estancia temporal que ten Asotrame na cidade herculina. O Concello da Coruña apoiará cunha pequena achega económica o  programa “Como en casa”, que inclúe ademais o acompañamento psicosocial para as persoas hospedadas.

No marco da súa liña de subvencións para entidades de iniciativa social sen fin de lucro que realizan na cidade proxectos de interese social, o Concello destinará a Asotrame algo máis de 2.600 euros. Unha aportación que permitirá afrontar parte dos gastos precisos para ofertar completamente de balde, ao longo do 2026, o apartamento situado no barrio das Flores (aluguer, electricidades, auga…)

“Como en casa”, que botaba a andar na Coruña hai xa nove anos, permite que pacientes con cancro estean acompañados polos seus familiares, mentres reciben tratamento no CHUAC, evitando aos acompañantes teren que desprazarse a diario dende as súas localidades de orixe ou, no seu caso, pagar un aluguer nun momento de especial vulnerabilidade.

O recurso busca paliar o impacto económico da enfermidade e, ao tempo, atender emocionalmente aos hóspedes. Así, durante a estancia na vivenda reciben apoio psicolóxico e acompañamento ao hora de realizar trámites de tipo social.

Dada a boa acollida do programa, Asotrame estendeu o servizo a Santiago e, dende este ano, tamén a Vigo, cubrindo así os tres centros de referencia en materia de transplantes de medula ósea e terapias avanzadas car-t (CHUAC, Hospital Clínico de Santiago e Hospital Álvaro Cunqueiro).

Asotrame recibe o Premio Galicia de Acción Voluntaria 2026

Asotrame recibe o Premio Galicia de Acción Voluntaria 2026

A Cidade da Cultura de Galicia acollía este martes os Premios Galicia de Acción Voluntaria, destinados a poñer en valor, segundo manifestou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos,  “o gran compromiso e xenerosidade da sociedade galega”. Desta volta, recoñeceuse o traballo de María Cendán, cofundadora da asociación Boanoite, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e, como non, de Asotrame.  O premio ten unha dotación económica de 4.000 euros.

Na gala, á que asistiu a nosa presidenta, Cristina Piñeiro, o responsable autonómico subliñou a dedicación da entidade, premiada na categoría de mellor proxecto, pola iniciativa “Apoio entre iguais”. Ademais, o conselleiro incidiu no enfoque do programa, centrado en mellorar o benestar das persoas con cancro hematolóxico, a través dunha rede de acompañamento formada por expacientes.

Asotrame agradece o compromiso e implicación do equipo de superviventes voluntarios, que fan posible «Apoio entre iguais». E felicítaos polo labor que desenvolven nos hospitais e tamén en liña, brindando apoio e unha dose de ánimo sempre necesaria a pacientes diagnosticados de cáncer hematolóxico.

Realidad virtual inmersiva, al servicio de pacientes oncohematológicos aislados

Realidad virtual inmersiva, al servicio de pacientes oncohematológicos aislados

Asotrame colabora en un proyecto de Realidad Virtual Inmersiva asociada al ejercicio terapéutico en Terapia Celular, impulsado por el Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) y el Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo, para convertir al paciente en un agente activo de su propia recuperación. La iniciativa busca ayudar a pacientes, ingresados para recibir un trasplante de médula ósea o un car-t, a sobrellevar la situación de aislamiento hospitalario.

La iniciativa combina el ejercicio físico terapéutico —cuyos beneficios para la fatiga, la condición cardiovascular y la salud emocional en procesos oncohematológicos están ampliamente demostrados— con tecnología de última generación. El paciente está inmerso en entornos virtuales paralelos, motivadores y lúdicos que reducen el estrés, alivian la ansiedad y mejoran la tolerancia al dolor, facilitándole mantenerse activo físicamente durante el momento del ingreso.

Un enfoque interdisciplinar y pionero

El proyecto nació de la colaboración de equipos multidisciplinares del IISGS. Está dirigido por Carmen Albo, directora del Servicio de Hematología y Hemoterapia del Hospital Álvaro Cunqueiro, y está coordinado por Pablo Campo, investigador del grupo HealthyFit en el IISGS y la Universidad de Vigo, y experto en la aplicación de la realidad virtual inmersiva.

El programa cuenta con el apoyo y la participación directa de Asotrame, contribuyendo a que el diseño responda fielmente a las percepciones y necesidades reales de los usuarios, así como con los equipos de Fisioterapia, Psicología y Enfermería que suelen atender a estos pacientes.

La realidad virtual inmersiva «permite un enfoque multisensorial en el que el paciente interactúa con un entorno agradable que evalúa la intensidad del esfuerzo en tiempo real, transformando el esfuerzo físico en una experiencia lúdica y motivadora. Poder moverse a otros lugares y escenarios sin salir de la sala también contribuye al bienestar emocional durante el período de ingreso.»

El proyecto será evaluado mediante un ensayo clínico que comparará los resultados de los pacientes que utilizan esta tecnología con el programa terapéutico convencional de ejercicio.

Desarrollando un programa exitoso con ambición nacional

Este proyecto representa un salto cualitativo para el pionero programa de Ejercicio Terapéutico en el Hospital Álvaro Cunqueiro en 2017. Si los resultados del ensayo clínico actual confirman las expectativas, los investigadores planean transferir esta metodología de realidad virtual a toda la comunidad científica nacional a través del Grupo Español de Trasplantes Hematopoyéticos y Terapia Celular. Esto situaría a Galicia en la vanguardia de la humanización y eficacia de los tratamientos de terapia celular.

Asotrame ofrecerá asesoramiento nutricional gratuito a pacientes de cáncer hematológico

Asotrame ofrecerá asesoramiento nutricional gratuito a pacientes de cáncer hematológico

Asotrame se dota de un servicio gratuito de asesoramiento sobre nutrición oncológica. La oferta de este nuevo recurso, orientado exclusivamente a pacientes y expacientes de cáncer hematológico, busca reforzar la calidad de las personas durante la enfermedad.

A partir de la próxima semana, gracias al apoyo de Fundación «la Caixa», la asociación activará cada lunes y jueves, en horario matinal, este consultorio, destinado a ayudar a enfermos de leucemia, linfomas, mieloma múltiple… a lidiar, a través de la alimentación, con síntomas de sus patologías y de los efectos secundarios de los tratamientos (náuseas, vómitos, diarrea, úlceras en la boca, anorexia…)

Entre los objetivos de este abordaje dietético y nutricional figuran mejorar tolerancia y respuesta al tratamiento, mejorar además el estado inmunológico y prevenir o corregir posibles deficiencias nutricionales.

Al frente del nuevo servicio se pondrá Teresa Puñal, experta en dietética y nutrición clínica avanzada. Una persona que además ha vivido en primera persona muchos de los problemas que atenderá en consulta, pues es superviviente de una leucemia mieloblástica aguda.

Las personas interesadas en beneficiarse del servicio online o, si se prefiere, presencial en Vimianzo, localidad donde se encuentra la clínica de esta profesional, deberán solicitar cita previa llamando al 698130684.

Con la incorporación de este recurso, Asotrame amplía su cartera de servicios (atención psicosocial, viviendas de estancia temporal, grupo de Apoyo entre iguales…) potenciando la labor de acompañamiento y atención que desarrolla con pacientes y sus familiares.

Asotrame organiza este luns unha charla sobre doazón de medula ósea en Ourense

Asotrame organiza este luns unha charla sobre doazón de medula ósea en Ourense

Asotrame ofrece este luns, 26 de outubro, unha charla divulgativa sobre doazón de medula ósea no local da Asociación de Veciños Vista Hermosa, en Ourense. A sesión informativa contará co testemuño en primeira persoa dunha sobrevivente de cancro hematolóxico transplantada.

A charla, realizada en colaboración coa entidade veciñal e co apoio da Deputación de Ourense, leva por título “Como salvar unha vida a custo cero” e dará comezo ás 19:00 horas. Alba García, traballadora social de Asotrame, será a encargada de falar sobre o proceso de doazón de medula ósea ou, máis propiamente, doazón de células nai do sangue. Un xesto anónimo e solidario que salva vidas.

Cómpre lembrar que, ao non contar con doadores familiares compatibles inmunoloxicamente, o 70 % dos pacientes de leucemia, linfomas, mieloma múltiple que precisan un transplante ao non funcionarlles outras liñas de tratamento dependen do resultado da procura que active o Redmo entre as persoas doadoras voluntarias.

Ademais, unha supervivente de mieloma múltiple, Flor Romero, contará a súa experiencia en primeira persoa e resolverá dúbidas sobre o procedemento de doazón, semellante na gran maioría dos casos a unha doazón por aférese de plaquetas e, por tanto, seguro e indoloro.

Por último, a charla, aberta ao conxunta da cidadanía ourensana, permitirá saber un pouco máis do labor que vimos realizando dende o 2013 en toda Galicia.

O Sergas e o Asotrame colaborarán para potenciar as accións de voluntariado na Área Sanitaria de Pontevedra

O Sergas e o Asotrame colaborarán para potenciar as accións de voluntariado na Área Sanitaria de Pontevedra

O Servizo Galego de Saúde e  Asotrame veñen de asinar un convenio de colaboración para regular e potenciar o desenvolvemento de accións de voluntariado no ámbito da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Dito acto contou coa presencia do xerente da Área Sanitaria, José Flores Arias -en representación do conselleiro de Sanidade e presidente do SERGAS, Antonio Gómez Caamaño- e da presidenta da asociación, Cristina Piñeiro, quen estivo acompañada pola traballadora social e responsable de voluntariado da entidade, Alba García.

A sinatura deste acordo ten coma obxectivo principal facer máis levadía e humana a estancia dos pacientes ingresados por procesos oncohematolóxicos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, así coma ofrecer un respaldo integral ás súas familias durante todo o proceso asistencial.

Programas de apoio

A través deste convenio, que terá unha vixencia inicial de catro anos, Asotrame porá en marcha diversas liñas de actuación desenvolvidas por persoal voluntario previamente formado e por equipos técnicos especializados. Entre as iniciativas integradas destaca o proxecto de Apoio entre iguais, que pon en contacto a persoas con diagnóstico recente con pacientes que xa superaron a enfermidade para compartir vivencias e ofrecer un espazo de escoita empática, tanto durante os ingresos hospitalarios coma fóra do Complexo ou en formato en liña.

Así mesmo, o programa Luces de cores levará obradoiros creativos, de expresión artística e musicais aos andares de Hematoloxía para combater a dureza dos ingresos prolongados e de datas sinaladas, coma o Nadal.

O convenio contempla tamén o desenvolvemento do proxecto Como na casa, que facilita unha vivenda de estadía temporal destinada a acoller de xeito gratuíto a pacientes e familiares que deban desprazarse para o seu tratamento nos hospitais de Vigo, Santiago ou A Coruña, aliviando o impacto económico e emocional do desprazamento.

Esta cobertura compleméntase cos servizos de atención psicosocial e humanización, nos que profesionais de Psicoloxía e Traballo Social ofrecen orientación, asesoramento e apoio emocional para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

Alianza para avanzar na atención sanitaria

Coa formalización deste protocolo de colaboración onte no Hospital Provincial, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e Asotrame reforzan a súa alianza para avanzar nun modelo de atención sanitaria cada vez máis humano, solidario e próximo ás necesidades reais das persoas con cancro hematolóxico e do seu contorno familiar.