Asotrame desenvolverá este xoves charlas de sensibilización en Ames sobre a doazón de medula ósea

Asotrame desenvolverá este xoves charlas de sensibilización en Ames sobre a doazón de medula ósea

Asotrame levará a cabo este xoves, 14 de novembro, en colaboración co Concello de Ames, distintas charlas informativas na localidade sobre o cancro hematolóxico, o impacto deste diagnóstico, e a doazón de medula ósea. Haberá accións destinadas á veciñanza en xeral e outras específicas para o público escolar.

Persoal e voluntariado da entidade achegaranse ao municipio para dar a coñecer que é iso do cancro do sangue (leucemias, linfomas, mielomas…), como dá a volta a vida da persoa e dos súa contorna inmediata, e de que maneira se pode axudar a salvar a vida destes pacientes.

Así, ata cinco grupos de terceiro da ESO do IES do Milladoiro participarán nas actividades de sensibilización. Nestas charlas informativas abordarase, entre outras cuestións, a necesidade de fomentar a doazón de medula (en propiedade células nai do sangue). Un xesto totalmente altruísta e anónimo, ao alcance de calquera persoa sa de entre 18 e 40 anos que pode salvar a vida de pacientes que precisas, ao fallar o resto dos tratamentos, un transplante de medula para salvar a vida.

Charla aberta

Ademais, saíndo do ámbito escolar, farase unha charla, aberta ao conxunto da cidadanía, a partir das 19 horas, no Pazo da Peregrina. Unha sesión na que se abordarán as distintas estratexias de afrontamento da enfermidade, os servizos que presta Asotrame para mellorar a calidade de vida dos pacientes e as familias e, como non, da necesidade de normalizar a doazón de medula.

Varios superviventes, que deixaron atrás a enfermidade, grazas a un transplante de medula ósea, participarán nas sesións, ofrecendo o seu testemuño en primeira persoa da dura experiencia que lles tocou vivir.

Colaboración

A iniciativa é posible grazas ao apoio do Concello de Ames, que concedeu neste 2024 unha axuda no marco das súas subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Dez familias usaron este ano os pisos de estancia temporal de Asotrame

Dez familias usaron este ano os pisos de estancia temporal de Asotrame

Unha decena de familias beneficiáronse no que vai de ano dos pisos de estancia temporal para pacientes oncolóxicos e familiares que ofrece Asotrame. Este recurso, incluído no programa de “Atención social, asesoramento e intervención especializada I”, que promove COGAMI, conta un ano máis con fondos procedentes da asignación económica do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades, xestionada pola Consellería de Política Social.

Á Asotrame correspondeulle un total de 12.000 euros na última convocatoria de subvencións para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á “X Solidaria”.  Esta axuda enmárcase na liña de actuacións para a promoción da autonomía persoas e apoio a persoas maiores ou con discapacidade.

Este apoio económico permite facer fronte a unha parte dos gastos de aluguer e de servizos (electricidade, auga, lixo…) xerados nas dúas vivendas que a entidade pon a disposición das persoas enfermas de cancro – con prioridade para os pacientes de cáncer do sangue- desprazados para o seu tratamento no CHUAC ou no Hospital Clínico de Santiago ou ben para quen as acompaña se están ingresadas.

Persoas usuarias

Segundo os rexistros da asociación, nos primeiros nove meses do 2024, foron 6 as familias que fixeron uso, de forma totalmente gratuíta, do piso de Santiago, contando así cun espazo para descansar, asearse ou desconectar do hospital sen necesidade de alugar unha casa ou viaxar decote aos seus municipios de orixe. Uns gastos extra que, en moitas ocasións, resultan inasumibles. Mentres, o apartamento da Coruña acolleu a catro, unha delas durante case que cinco meses.

A inmensa maioría das persoas que pasaron polos pisos de estancia temporal foron galegas (o 90 %), procedentes de localidades como Ourense, Ferrol, Cee, Silleda. Con todo, tamén botou man do servizo, que inclúe apoio emocional por parte do equipo técnico da asociación, unha familia sevillana.

Este recurso, facilitado por Asotrame, busca paliar, nalgunha medida, as repercusións económicas (empeoramento da situación laboral) e sociais que ten na vida persoal e familiar un diagnóstico de cancro. Unha axuda que chega no momento de maior vulnerabilidade.

A Deputación de Pontevedra colabora co labor de Asotrame nesa provincia

A Deputación de Pontevedra colabora co labor de Asotrame nesa provincia

Asotrame suma unha nova aliada na súa expansión territorial na zona sur de Galicia. Por primeira vez, a Deputación de Pontevedra vén de conceder á entidade unha axuda para facilitar o apoio que brinda a asociación aos pacientes de cancro hematolóxico desta provincia.

Desta forma, a nosa entidade contará este ano cunha achega de 4.778 euros por parte desta administración para colaborar, ao longo do 2024, co labor de acompañamento integral para pacientes con cancro hematolóxico e as súas familias na provincia de Pontevedra.

Servizo gratuíto

Así, Asotrame ofrece, na actualidade, a través do seu programa de atención psicosocial, apoio emocional gratuíto ás persoas de distintos puntos da provincia con leucemias, linfomas, mieloma múltiple… dende o momento do diagnóstico e durante todo o duro proceso da enfermidade. Un apoio profesional, da man do equipo de psicólogas, que se estende ademais aos seus familiares.

En paralelo, os colectivos citados poden beneficiarse de asesoramento e información, grazas á traballadora social e á educadora social, sobre recursos existentes para mellorar, na medida do posible, a súa calidade de vida. No que vai de ano, preto dun cento das consultas rexistradas proceden das localidades pontevedresas.

Presenza en Pontevedra

Esta atención ofrécese de forma permanente, a través do teléfono e de forma online, previa cita no 698 130 684. Ademais, Asotrame ten presenza regular na oficina pontevedresa de Cogami e, dende hai un tempo, o terceiro luns de cada mes no Hospital Álvaro Cunqueiro, un dos tres centros de referencia en Galicia no que atinxe aos transplantes de medula ósea de Galicia.

Finalmente, no marco deste acompañamento, os pacientes de cancro do sangue pontevedreses, como os do resto de Galicia, teñen á súa disposición tamén o grupo de axuda mutua “Apoio entre iguais” e recursos, igualmente gratuítos, como, por exemplo, os dous pisos de estancia temporal para pacientes oncolóxicos desprazados para o seu tratamento nos hospitais públicos de Santiago ou da Coruña.

Ferrol renova a súa colaboración con Asotrame

Ferrol renova a súa colaboración con Asotrame

O alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro, subscribiron esta mañá o convenio de colaboración polo que a entidade local aportará un total de 4.000 euros á entidade.

Tal e como afirmou o rexedor durante o acto, Asotrame presta apoio a persoas afectadas por cancro hematolóxico e ás súas familias e traballa na sensibilización da sociedade con respecto á importancia de doar médula ósea.

“Ambos son obxectivos aos que queremos contribuír desde o Concello de Ferrol, de aí a razón de ser deste acordo que permitirá axudar ao financiamento de proxectos e terapias que melloren a calidade de vida das persoas transplantadas de medula ósea”, manifestou Rey Varela, tras agradecer á entidade o seu labor.

Fundación «la Caixa» reedita su compromiso con Asotrame

Fundación «la Caixa» reedita su compromiso con Asotrame

La Fundación «la Caixa», en colaboración con CaixaBank, renueva su compromiso con Asotrame y, por tanto, con el colectivo de pacientes y expacientes de cáncer hematológico de Galicia. El objetivo, garantizar la asistencia psicosocial a enfermos de leucemia, de linfomas, de mieloma múltiple… y también a sus familiares. La presidenta de la asociación, Cristina Piñeiro, y responsables de la entidad en Ferrol sellaban la alianza, que se traducirá en un respaldo económico para el año en curso.

Asotrame volverá a contar con fondos de la entidad para sostener el Espacio de Atención a Pacientes «Como en casa», situado en Ferrol. La aportación de 5.000 euros ayudará a que la asociación pueda seguir contando en la ciudad naval con las instalaciones desde donde, entre otras cuestiones, presta apoyo emocional y social a los usuarios de los pisos de estancia temporal para pacientes de cáncer desplazados y ofrecer, bajo cita previa, atención psicológica individual.

En paralelo, en el Espacio de atención a pacientes se brinda además asesoramiento en temas como recursos o prestaciones a los que pueden tener derecho los pacientes y expacientes (tramitación del certificado de discapacidad, incapacidades laborales…). Y es el punto desde donde se coordina el conjunto de actividades y servicios.

Compromiso y solidaridad

Cristina Piñeiro, que entregaba en la oficina de Caixabank de la carretera de Castilla, 191 (Ferrol), el distintivo de entidad colaboradora de Asotrame, subraya que el banco “da, una vez más, ejemplo de solidaridad y de compromiso por mejorar la calidad de vida de las personas” y agradece su esfuerzo por implicarse en causas sociales con impacto directo en las localidades como Ferrol donde tiene presencia.

Según apuntan desde el banco, la enorme capilaridad territorial -cuenta con la mayor red de oficinas de España-le permite a Caixabank detectar las necesidades locales implementando los programas desde la cercanía, así como apoyar a la Fundación ”la Caixa” en la canalización de las ayudas económicas a las entidades sociales.

Asotrame informará este miércoles sobre donación de médula ósea en cinco hospitales

Asotrame informará este miércoles sobre donación de médula ósea en cinco hospitales

Con motivo de la próxima celebración del Día Mundial del Donante de Médula (21 septiembre), Asotrame habilita este miércoles mesas informativas simultáneas sobre donación de médula ósea en los cinco hospitales gallegos en los que tiene presencia regular. La iniciativa busca poner en valor el papel clave de quienes, de forma totalmente altruista y anónima, donan células madre de su sangre para que pacientes de cáncer hematológico de cualquier punto del planeta puedan salvar la vida.

Así, nuestra asociación estará mañana, 18 de septiembre, en el Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo; en el CHUAC, de A Coruña; en el Hospital Clínico de Santiago; en el Lucus Augusti, de Lugo y en el Arquitecto Marcide, de Ferrol.

Una integrante del equipo técnico de la asociación y un voluntario/a, que dejó atrás la enfermedad (leucemia, linfoma…) y sigue viviendo, gracias a un trasplante de médula, estarán en cada uno de los centros sanitarios entre las 11 y las 13 horas. Así, además de recibir información, quienes se acerquen a las mesas pondrán cara a personas que siguen vivas, gracias al gesto voluntario que supone la donación de médula.

Divulgación

El trasplante de médula es, para muchos pacientes de cáncer de la sangre, en los que las primeras líneas de tratamiento fracasan, la única alternativa de salvar la vida. Y la gran mayoría, no tienen en su entorno donantes familiares compatibles. De ahí, la importancia de disponer de un registro de potenciales donantes lo más amplio posible. Sólo en 2023, un total de 29 personas enfermas de cáncer hematológico salvaron la vida en Galicia, gracias a donantes anónimos.

Con la acción divulgativa de este miércoles, Asotrame busca acabar con mitos sobre el proceso de donación de médula ósea, que en el 90 % de los casos, es parecido a una donación por aféresis de componentes sanguíneos, y fomentar que más gallegos/as de entre 18 y 40 años, con buen estado de salud, se registren como potenciales donantes.